xoves, 27 de setembro de 2018

Cuarta clase, 27/09

Nesta cuarta clase houbo tres partes, a primeira na que levamos a cabo tres danzas, a segunda na que fixemos dúas cancións e a terceira na que fixemos unha actividade de relaxación, a Técnica Alexander. A continuación, exporase o desenvolvemento do citado:

DANZA DE LOS BASTONES (Francia):
Para realizar esta danza o profesor colocounos por parellas en catro filas de modo que estivesen enfrontadas entre elas dúas e dúas:
Logo fixemos os pasos da danza empregando palmadas por cada movemento. Cando nos saliu ben, pasamos a facer os mesmos movementos pero chocando co compañeiro/a. Por último, realizámolo con paus e metemos os desprazamentos que facían que cambiásemos a orientación da fila. Na seguinte imaxe pódese ver (máis ou menos) como serían estes movementos:
Todos facíamos o xiro, pero os que estaban no interior facíano sen desprazarse, solo cambiando a orientación.
A medida que o íamos facendo e repetindo a danza, a velocidade da música ía aumentando. Tras varias veces cambiamos os roles.

DANZA DE RAMÓN (Bélxica):
Para realizar esta danza colocámonos en dúas filas, unha de mulleres e outra de homes. Comezábase seguindo o ritmo en fila e desprazándose polo espazo según guiaba a primeira ou primeiro da mesma. Logo dábanse tres golpes co talón dereito, tres co talón esquerdo e volvíase a bailar. Isto repítese tres veces e, na cuarta, xa solo se fan tres golpes co talón dereito para buscar despois parella (muller con home) e bailar polka normal. Neste punto hai un cambio na melodía e, cando volve a mudar, vólvese á fila e repítese todo dende o inicio aumentando cada vez máis a velocidade.


POLKA DE LA ESTRELLA (Alemania):
Colocámonos por parellas (home-muller) en círculo. Cando comeza a música faise o paso de polka á vez que se vai xirando sobre uns mesmos e en círculo.
Cando cambia a música o home pon a man esquerda sobre o ombreiro do de diante e a dereita na súa espalda e cóllea a muller. Durante este momento da danza imítase unha marcha. Despois volve a cambiar a música e os homes xiran sobre si mesmos e colócanse cara dentro do círculo. Unha vez nesa posición, golpean nos muslos, dan palmas e por último chocan as mans cos do lado. Mentres, as mulleres, xiran arredor do círculo e paran detrás do home que elixan ou, neste caso, co que lle toque cando pare a música.
LOS DEDOS DE MI MANO
Esta é unha actividade moi importante para coñecer a posición de cada dedo da man, o seu tamaño, grosor e para qué sirven. A mesma consistía en ir cantando a canción de "los dedos de mi mano" que temos debaixo á vez que facíamos un xesto con cada dedo da man do que falaba.
Fonte: Mestre da asignatura
*Para escoitar o audio pinchar na imaxe de enriba.

LAS POSTURAS
O mestre cantounos a canción e íamos realizándoa á vez que cantábamos. Na propia letra da mesma describíanse as diferentes accións e movementos que debíamos facer.
Fonte: Mestre da asignatura
*Para escoitar o audio pinchar na imaxe de arriba.
TÉCNICA ALEXANDER
Fixemos un exemplo, guiado polo mestre, de como sería a Técnica Alexander. Esta técnica é un método práctico levado a cabo por F. M. Alexander, basado no principio de que cada un funciona coma un todo, que axuda a mellorar o uso que facemos de nós mesmos nas actividades cotias, reducindo tensións e mellorando a coordinación, a fluidez, o equilibrio e a respiración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario