xoves, 4 de outubro de 2018

Danza: Oh regadinho (Portugal)

A continuación preséntase unha imaxe interactiva con diferentes aspectos acerca desta danza. Para ler a información deberase situar o curso enriba do símbolo "+" e, nalgúns casos, pinchar.

Danza: El candíl (Badajoz)

A continuación preséntase unha imaxe interactiva con diferentes aspectos acerca desta danza. Para ler a información deberase situar o curso enriba do símbolo "+" e, nalgúns casos, pinchar.

Danza: Danza de los pastores (Francia)

A continuación preséntase unha imaxe interactiva con diferentes aspectos acerca desta danza. Para ler a información deberase situar o curso enriba do símbolo "+" e, nalgúns casos, pinchar.

Quinta clase, 04/10

Nesta sesión realizamos catro danzas e, ademais, fixemos ritmos con vasos de plástico. A continuación exporanse de forma explicada:
DANZA DE LOS PASTORES (Francia):
Colocados en círculo, mirando cara o centro. Logo xirábamos movendo o pé esquerdo e arrastrando o dereito, así catro veces. Logo, poñíamos a punteira cara adiante, cara a dereita, atrás e por último o pé esquerdo.
Un exemplo desta danza é a seguinte:

EL CANDIL (Badajoz, España):
Realízase en pequenos grupos. Dentro dos mesmos, colocámonos en círculo alternando home e muller. Os pasos a facer son os seguintes:
1º - Dar patadas ao ritmo da música.
2º - Dar patadas ao ritmo da música á vez que nos intercambiamos os sitios. Primeiro os homes e logo as mulleres.
3º - Imos cara ao centro, primeiro homes e logo mulleres, e ao chegar damos unha palmada e regresamos ao sitio.
4º - Cadena inglesa.
5º - Poñemos a man no medio e xiramos.
A orde dos pasos sería a seguinte:
    - 1º, 2º, 3º, 4º.
    - 1º, 2º, 3º, 5º.
    - 1º, 1º (o doble de rápido).
Un exemplo desta danza é o seguinte:

CUPS - RITMOS CON VASOS:
O mestre mostrounos o videoclip de "Si me voy" de Paula Rojo que podemos ver a continuación:
Tras velo, repartiunos un par de vasos de plástico, mandounos formar grupos e díxonos que creásemos un ritmo tomando como exemplo o vídeo. O resultado do grupo no que eu estaba é o seguinte:
Mesmamente, como o noso ritmo foi o que máis gustou na clase, tamén o fixemos entre todos. O resultado foi o que segue:

OH REGADINHO (Portugal):
Para realizar esta actividade dividímonos e repartimos roles, homes e mulleres. As mulleres levaban unha tela branca para diferenciarse. 
Colocámonos en círculo, os homes polo lado de dentro e as mulleres por fora agarrados do brazo. A danza comezaba andando: os homes normal e as mulleres brincando, á vez que movían o "vestido", primeiro cara a dereita e logo cara a esquerda. Despois parábamos e mirando entre si, home e muller,  facíamos: primeiro movíamos man dereita e pé dereito, man esquerda e pé esquerdo, xiro agarrados, man esquerda e pé esquerdo, man dereita e pé dereito, outra volta agarrados e as mulleres pasaban ao home de detrás. 
A danza repetíase varias veces. A continuación, temos un vídeo do resultado da mesma na aula:

Asemade, tamén podemos ver outro exemplo da mesma no vídeo que segue:

luns, 1 de outubro de 2018

Reflexión: partitura de percusión corporal

Tras unha clase teórica na que estivemos practicando percusión corporal o mestre pediunos que realizamos unha partitura. Eu intentei facela sinxela pero non me parei a pensar na estructura nin na visualización da mesma e o resultado foi o que segue:
Á hora de realizala na clase, a partitura saliu ben pero foi máis complicado do que me parecía por diversos aspectos:
1. Ao realizala quixen facela sobre un pentagrama. Isto fixo que a súa lectura fose moito máis complexa debido a todas as liñas que se podían ver polo medio.
2. Non seguín ningunha estructura. Seguir unha estructura (de arriba a abaixo, repetir unha secuencia de figuras, etc) fai que tanto a lectura como a interpretación sexan máis sinxelas.

Tendo en conta estes aspectos todos, o mellor para realizar unha partitura de percusión corporal nenos e nenas é facelo dun xeito simple, comprensible e que o alumnado poida interpretar sen confusións de ningún tipo, por exemplo: 
Asemade, outros fallos que se están a comentar en clase son:
- Facer un número de compases pares.
- Non rematar un compás con semicorcheas se queremos probala ata ese punto, porque a inercia vai facer que queiramos seguir.
- Non colocar silencios nos compases que non se leen para cubrir os ocos, xa que queda a partitura moi cargada e leva a confusións.