Con motivo do primeiro día de clase, o mestre propuxo diferentes xogos de presentación. Este tipo de xogos empréganse para romper o xeo e, ademais, co obxectivo de coñecer o nome dos compañeiros e compañeiras e algún rasgo característico (como por exemplo, que lles gusta, de donde son, etc) que nos axude a identificalos. A continuación, explicarei os diferentes xogos realizados:
XOGO PRESENTACIÓN- MEMORI:
O xogo inicial foi exposto como un xogo de presentación e nun principio as indicacións foron:
1. Colocarse todas/os en círculo.
2. Presentarnos cada un/unha de nós, do xeito que quixésemos, seguindo a orde do círculo.
| Fonte: Pixabay - Edición: Propia |
Ao chegar á 5ª persoa o mestre incorporou unha nova premisa que cambiou o xogo de presentación básico por un memori. Esta premisa consistiu en que, tras presentarse, había que recordar e decir o nome das catro ou dos catro compañeiros/as anteriores.
Reflexión:
- En primeiro lugar, démonos conta de que tras falar as catro ou cinco persoas primeiras, o resto copiamos automaticamente o tipo de presentación, facendo que todas ou case todas fosen iguais.
- A segunda reflexión foi o factor sorpresa cando se engadiu a premisa de decir o nome dos catro compañeiros/as anteriores. A maioría de nós estaba pendente de poder recordar os nomes para decilo. Con isto hai que ter moito coidado de cara a unha aula de infantil, posto que pode haber un neno/a ou varios/as que non sexan capaces de recordar os nomes dando lugar a posibles problemas de autoestima, medo ao fallo, burlas, etc.
- Outra reflexión foi en canto a posibilidade de contar cun neno/a ou varios/as que teñan problemas de audición, xa que estes non poderían escoitar correctamente o nome dos compañeiros/as e polo tanto habría que modificar de algunha maneira o xogo ou subtituilo por outro que todos/as puidesen realizalo.
XOGO PRESENTACIÓN CON CANCIÓN/BAILE:
| Fonte: Pixabay |
1. Colocarse todos/as en círculo.
2. Decir o noso nome e algo que nos guste cantando.
3. Acompañar isto cun xesto/baile.
Reflexión:
As presentacións foron curtas, monótonas e sen apenas innovación (salvo a de unha compañeira). Isto debeuse a que a necesidade que tíñamos de ser creativas co que facíamos e de dar resposta ao que nos pedía o mestre fixo que nos bloqueásemos. Máis dunha compañeira coincidiu en que dende o primeiro momento planeou un xesto/baile e cando lle chegou o turno xa non recordaba o que tiña que facer, dando lugar a un xesto de balanceo agarrando o brazo mentres se improvisaba algo.
A TELARAÑA
Para a realización deste xogo o mestre dividiu o grupo en dous e repartiu a cada un deles un ovillo de lá. A continuación, pediu que no lo pasásemos quedando sempre cun anaco de lá amarrado para que ao final simulase unha telaraña. Antes de pasar o ovillo, cada unha debía facer unha presentación, decindo o que quixese e o resto do grupo repetiríaa.
Unha vez nos presentásemos todas había que facer o recorrido á inversa repetindo novamente as presentacións das compañeiras.
![]() |
| Fonte: Agrupate Asesoramientos Educativos |
Reflexión:
- Ao dividirnos en dous grupos houbo un deles que rematou antes. Esto pode ser un problema ao traballar con nenos/as xa que o grupo que remata antes pode dispersarse ou comezar a xogar de forma diferente alterando o ritmo da clase.
- Ao non establecer unha premisa á hora de presentarse un dos grupos fixo frases moito máis largas ca o outro, dando lugar ao comentado no guión anterior.
- No noso caso, o mestre mencionou que enganchásemos nun dedo o ovillo de lá para que se suxeitase ben e non se rompese a telaraña. Isto é algo que con nenos/as debemos ter coidado pois ao dar esta premisa poden xogar a dar tiróns e facerse dano.
- O feito de empregar un ovillo de lá e non unha pelota, por exemplo, ten varios pros:
~ En primeiro lugar, o ovillo fai que quede representado o camiño que se empregou polo que así non teñen que recordar a orde na que se fixo.
~ Por outra banda, xa que os nenos/as soen situarse ao lado dos/as que coñecen, ao ter que lanzar o ovillo é moito máis difícil que xoguen coa persoa que teñen inmediatamente ao lado.
"EL BAILE DE LOS SABAÑONES"
| Fonte: Clipart - Edición: Propia |
Este xogo consiste en cantar a canción que podemos ver á dereita, entre todos/as. Faise un círculo e comézase substituindo a "X" polo nome dun dos integrantes. Pódese acompañar o canto con palmadas ao final de cada verso da primeira estrofa e con baile. Cada vez que se chega á segunda estrofa, a persoa da que se di o nome debe ir cara o medio do círculo facendo o baile que queira. Cando se repita a mesma, todos deberán imitar ese baile. Posteriormente farase o mesmo co seguinte do círculo ata que se volva ao primeiro.
Reflexión:
Nesta actividade xa houbo máis soltura por parte do alumnado. Cada un/unha fixo un baile diferente e fúmonos contaxiando do "bo rollo" que transmitía cantar, bailar e dar palmas. Penso que de todas as actividades que realizamos foi a máis exitosa e na que mellor o pasamos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario