xoves, 13 de setembro de 2018

Segunda clase, 13/09

Nesta clase unha compañeira levou a cabo a exposición dunha canción como se ela fose unha mestra e o resto alumnado de infantil. A canción foi:
EN MI TRIBU


A exposición comezou coa música de fondo e coa única premisa de seguir o que facía a mestra. Repetímolo varias veces e nunha delas a mestra sacou a dúas persoas que xa sabían ben o baile para realizalo ao seu lado e ter máis por donde guiarnos.

REFLEXIÓN:
Ao finalizar a exposición fixemos unha reflexión grupal sobre diversos aspectos relacionados ca mesma. En xeral a canción saleu ben, os movementos eran claros e non era difícil seguila. Houbo dous momentos nos que a mestra tivo que correxir sobre a marcha para que se entendese ben o baile nunha parte central da canción. 
A estructura era bastante sinxela, había dúas partes ben diferenciadas. Tiña repeticións e cambios suave-forte e rápido-lento, algo fundamental nas cancións infantís.


Ningún comentario:

Publicar un comentario