Esta clase estivo dividida en dúas partes:
Na primeira parte retomamos a exposición das cancións por parte do alumnado como se fose ante nenos e nenas. A continuación exporanse cada unha delas coa maneira na que se levou a cabo e os comentarios e reflexións que se fixeron acerca das mesmas.
Na primeira parte retomamos a exposición das cancións por parte do alumnado como se fose ante nenos e nenas. A continuación exporanse cada unha delas coa maneira na que se levou a cabo e os comentarios e reflexións que se fixeron acerca das mesmas.
A LA VÍBORA DE LA MAR (Samantha):
Para facer este xogo musical, a guía colocounos primeiro en círculo co obxectivo de ensinarnos a letra da canción. Empezou cantándoa ela soa e posteriormente, volveu a cantala pedíndonos que repetísemos cada estrofa das que ía decindo.
| Fonte: Pixabay Edición: Elaboración propia |
Outra versión desta canción que podemos consultar en YouTube é a que segue:
Reflexión:
Hai que ter moito coidado co xeito no que ensinamos unha canción en canto ao que esperamos que aconteza despois, xa que os nenos e nenas van a realizar as cousas tal e como se lles explique. No caso desta canción, este aspecto viuse moi claro. Nun inicio, a canción explicouse por partes e decindo a mestra un verso para a súa posterior repetición por parte do grupo. Nembargantes, á hora de levar a cabo o xogo, o que a mestra quería era que cantásemos todo seguido. Isto ocurreu unha vez ela o pediu así, posto que dende o comezo todas esperábamos a que ela cantase o verso para repetila. Por este motivo, debemos explicar sempre do xeito en que queremos que se realice para evitar que isto suceda.
EL CABALLO TROTÓN (Carmen):
| Fonte: Kisspng Edición: Elaboración propia |
Para facer esta canción a guía colocounos en círculo sentados no chan e coas pernas cruzadas, e ela sentouse con nós.
Posterioremente comezou a explicar a canción, cantándoa por anacos e ensinándonos os xestos que había que facer en cada momento mentres nós o íamos repetindo.
Unha vez feito isto, cantámola todos/as xuntos/as varias veces facendo os xestos.
No vídeo que se pode ver a continuación, temos a canción cos xestos:
Reflexión:
Tras facer a canción a compañeira, na clase fixeronse as seguintes reflexións:
- Esta é unha canción moi sinxela e fácil de seguir, polo que podemos iniciala sen necesidade de facer previemente unha presentación de todos os pasos.
- A letra da mesma é moi larga para memorizala nunha sesión, pero como o obxectivo é levala a cabo con nenos e nenas nunha aula esta duración está ben posto que non a traballan un só día, senón que empregan varios ou semanas.
EPO (Tatiana):
Esta é unha canción que se fai completamente con percusión corporal. Para realizala, a guía colocounos en círculo e explicounos en primeiro lugar, o significado das palabras que saen na canción:
- Tai tai: palmadas.
- Eeee: simulando un abrazo a nós mesmos.
- Tuki tuki: chasquidos.
A continuación, realizou a canción ela soa mostrándonos como era o ritmo e logo fixémola xuntos/as.
Unha vez a levamos a cabo un par de veces, colocounos por parellas facendo dous círculos: un círculo interior no que se atopaba unha das persoas da parella e outro exterior donde se atopaba a outra. As parellas estaban enfrontadas e debían cantar a canción mirando unha cara outra e subtituindo o abrazo a sí mesmas do "eeee" por un abrazo entre a parella.
Despois, fumos repetindo a canción varias veces cambiando de intensidade (forte-suave) tanto no ton da voz como no abrazo final.
A continuación deixo o seguinte vídeo no que se pode escoitar a canción e ver con claridade os xestos:
Reflexión:
Este canción da moito xogo á hora de facela cos nenos e nenas. Ten montóns de posibilidades, ademáis da que a guía empregou na clase, como pode ser empregar o corpo dos compañeiros/as para facer a percusión, facelo camiñando, etc. Asemade, tamén é moi sinxela de aprender e de executar.
BABY SHARK (Bárbara):
![]() |
| Fonte: Pixabay Edición: Elaboración propia |
Para realizar esta canción con baile coloquei a todas/os nun círculo e solo din dúas premisas:
1. Seguir o que eu facía.
2. Cantar os anacos que puidesen.
Primeiro fixemos a canción co audio de fondo e logo fixémola cantando. Para a segunda vez, pedín a axuda de dúas compañeiras que a coñecían para que se escoitase ben a letra e tivesen máis por quen guiarse.
A continuación, deixo o vídeo da canción donde saen un neno e unha nena facendo os movementos do baile:
Reflexión:
En primeiro lugar, destacar da canción que está noutro idioma, algo que é bo xa que contribúe ao aprendizaxe doutra lingua, neste caso axuda a aprender algúns integrantes da familia (bebé, nai, pai, avó e avoa) e como se di tiburón. Neste punto, fixemos unha reflexión sobre o idioma no que escollemos as canción, posto que moitas veces se presume de que somos unha sociedade plurilingüe pero á hora de escoller unha canción tan só tres están en diferente idioma predominante.
Pola contra, o ensinar isto á vez que se tentan ensinar os tamaños fai que a canción teña "micromachismos", posto que a nai e a avoa son máis pequenas que o pai e o avó. Isto foi algo do que non me din conta á hora de escollela, polo que para a vindeira vez terei que analizar moito mellor a canción que escolla e nun futuro as que leve a unha aula.
![]() |
| Fonte: Pixabay Edición: Elaboración propia |
En primeiro lugar a guía colocounos en círculo e explicounos a canción para que aprendésemos a letra e os xestos, xa que cada vez que na canción se dí "así" se fai o xesto correspondente (como se pode ver no vídeo situado máis abaixo). Unha vez os sabíamos cantámola con ela e logo foi metendo premisas:
1. Cantala comezando nunha casiña moi pequena (o que conlevaba xestos pequenos e un ton moi piano), logo nunha mediana (con xestos e ton normal) e por último unha grande (con xestos esaxerados e un ton forte).
2. Cantala movéndose o círculo e pasando de facelo moi rápido a moi despacio. Neste punto, sen que ela o pedise, o ton variou tamén de máis forte a máis piano según diminuía a velocidade.
A continuación temos o vídeo mencionado anteriormente, donde se pode ver como son os xestos á vez que se escoita a canción:
Reflexión:
Na aula non relaizamos ningunha reflexión acerca de esta canción, polo que o que se exporá a continuación é unha opinión persoal.
Considero que esta é unha canción moi boa para aprender os diferentes tamaños. Asemade, engadindo as premisas das intensidades ou das velocidades, tamén sirve para aprender estes conceptos dunha forma moi clara.
PATITOS CUA CUA (Sara):
Colocámonos en círculo e a única premisa foi seguir á guía e intentar cantar algo da canción. Cada vez que a canción decía que os patiños facían algo, había que facer o xesto (por exemplo, "mueve las patitas" movíamos os pés, "descansan un poquito" facíamos que durmíamos, etc) e nos "estribillos" xirábamos cara a dereita simulando mover unhas ás.
![]() |
| Fonte: Pixabay Edición: Elaboración propia |
Reflexión:
Na aula non realizamos ningunha reflexión, polo que a continuación exporei unha opinión persoal acerca da canción.
Esta canción é perfecta para aprender os números ata o 5 cos máis pequenos/as. É moi sinxela de aprender, xoga sempre coas repetición aos inicios das frases e cunha parte que se repite dende o inicio ata o final, separando as estrofas que conteñen máis letra.
En primeiro lugar a guía cantou a canción ela soa, explicándonola para que a aprendésemos. Posteriormente fixemola xuntos varias veces con diferentes partes do corpo que ela decía (cabeza, perna, etc) e logo con outras que dixeron algúns compañeiros/as.
![]() |
| Fonte: Pixabay Edición: Elaboración propia |
Reflexión:
Esta canción tampouco tivo reflexión grupal, polo que a continuación farei unha persoal.
Dende o meu punto de vista esta canción é moi boa para ensinar as partes do corpo. É unha canción divertida que da moito xogo, coa letra moi sinxela e na que os nenos/as disfrutan á vez que aprenden. Ademáis a opción de que eles/as tamén poidan decir a parte do corpo que queiren mover dalles un protagonismo que lles gusta.
PIRATA (Noelia):
Esta foi a segunda canción que saliu en idioma distinto ao español. A guía deunos a premisa de repetir o que ela decía e o que ela facía.
![]() |
| Fonte: Pixabay Edición: Elaboración propia |
Fixémola enteira, pero sen todas as repeticións, facendo cadeira, peitiño e cabeza todos seguidos. Ao finalizar a guía comentou que se podía engadir máis partes do corpo.
No vídeo que podemos ver deseguido, temos a versión da canción en español:
Ao finalizar a canción a reflexión que se fixo foi que se podía engadir máis partes do corpo de ser necesario e que, ademáis, como a canción conta con versión en español podemos ensinar as partes do corpo en ambos idiomas, engadindo así vocabulario nunha e outra lingua.
YO TENGO UN TALLARÍN (Jenni):
Para realizar esta canción a guía explicounos primeiro como había que facer e logo imitámola. Fixémola un par de veces de forma individual e, posteriormente, realizámola xuntándonos primeiro en parellas, despois en cuarteto, logo de oito e por último todos/as xuntos. Os movementos que había que facer son os que aparecen aos lados da letra que temos debaixo.
![]() |
| Fonte: Pixabay e elaboración propia Edición: Elaboración propia |
A continuación temos un vídeo da canción en Youtube:
Reflexión:
Na clase non se fixo ningunha reflexión polo que farei unha persoal. A canción é moi sinxela e os pasos tamén, polo que é fácil de facer. O feito de xuntarnos por parella, cuartetos, de oito e todos xuntos pareceume moi boa idea, fixo que a canción fose diferente e moi divertida ante a imposibilidade de relizar algúns movementos, descoordinación ao movernos, etc.
Para realizar esta canción, a guía colleu un voluntario e colocouse onde todos a víramos. Madounos colocarnos por parellas (unha sentada diante e a outra de rodillas detrás) e imitar o que ela ía facendo e decindo. Fixémolo un par de veces e logo cambiamos de rol na parella e repetímolo outras dúas veces.
![]() |
| Imaxe de elaboración propia |
Co comezo da canción simulábamos romper un ovo na cabeza da compañeira/o, no segundo verso baixábamos pola espalda do compañeiro/a cos dedos moi despaciño e coa terceira subíamos pola mesma dando golpeciños co puño. Co cuarto verso, baixábamos as mans pola súa cabeza, co quinto subíamos os dedos pola espalda e no sexto apretábamoslle por enriba dos ombreiros despaciño simulando a mordedura. Por último co séptimo e octavo soprábamoslle nas orellas e no noveno e derradeiro verso facíamoslles unha pequenas cosquillas.
Reflexión:
Esta é una canción de relaxación que axuda na volta á calma. Isto é algo moi importante xa que os nenos e nenas sempre están activos e é necesario algo de calma nalgún momento. Ademáis, é unha boa actividade para facer á volta dun recreo ou como peche de unha sesión de psicomotricidade.
YO SOY EL PATO (Paula):
A guía mandounos sentar no chan facendo un círculo e solo nos deu a premisa de facer e decir o que ela marcaba. Cantamos a canción varias veces facendo os xestos correspondentes:
- Primeiro verso señalándonos a nós mesmos.
- Segundo verso sinalando aos demais.
- O terceiro facendo que nadamos coas mans.
- No cuarto cando di "coloraditos" acaricíamonos as meixelas.
- Quinto verso facendo que comemos da man.
- Resto da canción movendo os brazos simulando que son ás.
![]() |
| Fonte: Pixabay Edición: Elaboración propia |
A continuación, móstrase a canción na que tamén participan nenos/as no que parece ser unha clase. Como se pode apreciar polo son, estes participan sobre todo no "cua".
Reflexión:
Nesta canción non fixemos reflexión grupal polo que farei unha achega persoal. Esta canción é moi sinxela e pegadiza o que facilita a súa aprendizaxe. Á hora de ensinala en aula pódese xogar con facelo a distintas velocidades. Mesmamente, realizalo de pé, en vez de sentados, para poder movernos polo espazo e incluso facer parellas para que canten xuntos (simulando un dos membros da mesma o pato e outro a pata) pode darlle maior dinamismo.
Segunda canción en galego e terceira en idioma diferente ao español. Unha adaptación da canción de "Fun ao mercado" de María Fumaça que podemos ver no vídeo que hai a continuación:
A guia fíxoo a modo de rap empregando algunhas das estrofas. Para ensinárnolo colocounos en círculo e ía facendo ela cada estrofa para que despois nós a repetísemos. Despois de facer a primeira, cada vez que facía unha estrofa nova repetíamos todo dende o inicio. A continuación, temos a letra da versión que fixo:
![]() |
| Fonte: Pixabay Edición: Elaboración propia |
Reflexión:
Ter coidado coa letra, xa que na última estrofa a guía rimou lentellas con cabeza e na canción orixinal rímase con orellas. Esta última rima é moito máis fácil para os nenos/as xa que trás decir lentellas a palabra que nos sae inconscientemente para rimar é orellas.
Por outra banda, dende a miña opinión, o feito de facela a modo de rap pode resultar algo máis chamativo para o alumnado xa que é algo novidoso para eles e elas.
EL BAILE DE LOS ANIMALES (Ana):
Para realizar esta canción a guía colocounos en círculo e púxoa de fondo. Como única premisa estaba seguir o que ela facía. Realizamos a canción, que é a que segue, unha vez.
Como se pode ver, a letra é sempre a mesma metendo diferentes premisas:
1º. Normal.
2º. Saltando nun pé.
3º. Agochados.
4º. Sacudindo moito o corpo.
5º. Saltando sobre os dous pés.
6º. Con movementos moi esaxerados.
7º. Máis rápido.
![]() |
| Fonte: Pixabay Edición: Elaboración propia |
Reflexión:
Na clase non fixemos ningún tipo de reflexión acerca da mesma polo que se exporá unha reflexión persoal. Unicamente faría un par de apuntamentos, ao poñer a música nun espazo tan grande non se apreciaban moi ben as premisas que se ían dando, polo que inda que fose en espazo máis pequeno, sería bo ir comentándoas en alto.
Por outra banda, esta canción é moi boa para aprender os concepto adiante, atrás e ao lado. Mesmamente, tamén se pode facer un pouco larga, polo que con realizala unha vez sería suficiente.
HABÍA UN SAPO (Valeria):
Para realizar esta canción a guía primeiro cantóunola facendo os xestos que ían en cada momento e logo realizámola con ela. A medida que repetíamos a canción facíamola quitando unha das palabras que levaban xestos, e facéndo no seu lugar o movemento correspondente. Estas eran:
- Sapo e sapa: aplaudíamos coas palmas pero deixando os dorsos das máns cara o chan e teito.
- Río: simulando un río coa man e brazo.
- Traje verde: acariciando a camiseta.
- Frío: simulando ter frío (abrazándonos a nós mesmos e acariciándonos para darnos calor).
- Contó: señalándonos a nós mesmos.
- Suyó: señalando aos demais.
- Profesor: facíamos cos mans unhas gafas.
![]() |
| Fonte: Pixabay Edición: Elaboración persoal |
A continuación exponse un vídeo de Youtube con outra versión de esta canción:
Reflexión:
Na clase o único que se mencionou foi que se facíamos esta canción había que facela completa, ata retirar todas as palabras con xesto. Mesmamente, dende o meu punto de vista, considero que esta é unha boa canción para traballar a atención e a memoria.
EL TREN DE LA RISA (Paula):
Para realizar esta canción co seu baile a guía colocounos en círculo mirando todo para o mesmo lado e mandounos coller dos ombros ao de adiante. A canción é a que segue:
![]() |
| Fonte: Pixabay Edición: Elaboración propia |
Empezou a cantala á vez que nos movíamos e explicando o que había que facer:
- Despois de decir risa, todos debíamos rirnos.
- Logo de decir amor, todos debíamos por cara de namorados e decir "oh".
- Cando o tren facía chiqui debíamos dar un salto para diante.
- Cando o tren facía chaca debíamos dar un salto para atrás.
A medida que íamos facendo a canción o círculo cerrábase cada vez máis ata que acabamos sentados sobre os xeonllos da persoa de detrás e coa de diante sentada nos nosos.
Reflexión:
Ao rematar toda a clase coincidiu en que foi unha canción e un baile moi divertidos. Persoalmente penso que foi a canción coa que mellor o pasamos ese día e, ademais, ten a vantaxe de que se pode facer para calquera idade xa que todos/as o pasan ben con ela.
LOS OFICIOS (Cheri):
![]() |
| Fonte: Pixabay Edición: Elaboración propia |
Para facer este xogo o guía colocounos enfrontados en círculos, un dentro do outro (como se pode ver na imaxe da dereita) e explicounos que íamos a xogar a facer mímica. Puxo unha música de fondo e cando esta paraba, os que estaban dentro debían representar, á persoa que lle tocase enfronte, un oficio e esta adiviñalo. Tras facelo varias veces cambiamos de roles e de temática a frutas.
Reflexión:
Podemos facer moitos temas diversos para representar a través da mímica. Os cambios de roles deben estar ben repartidos para que os nenos/as non se aburran representando sempre ou adiviñando.
EL DIRECTOR DE ORQUESTA (David):
![]() |
| Fonte: Pixabay |
Tras facelo dúas ou tres veces fixemos unha variante para que resultase máis sinxelo e, en vez de sair unha persoa, saían dúas.
Reflexión:
Temos que modificar se vemos que para os nenos/as é moi difícil mandando sair a dúas persoas en vez de unha ou deixando que tenten adiviñar dende fora do círculo. Dende o meu punto de vista considero que este é un xogo que permite traballar a percusión corporal á vez que se traballa a agudeza auditiva, a concentración e atención, polo que considero que é un xogo bastante completo a par que divertido.
MINOESJKA (Holanda):
![]() |
| Fonte: Pixabay Edición: Elaboración propia |
Chegado determinado momento da música, o círculo parase e comeza a aplaudir ao ritmo da música mentres a persoa do medio realizaba o baile que ela quixese. Logo todos os de fora realizábamos o baile mentres ela dende dentro aplaudía.
Unha vez feito isto, volvía a comezar a música e a de dentro cambiábase con alguén do círculo para volver a realizar todo o proceso.
Para poder ver o baile desta danza, deixo o seguinte vídeo de youtube:
DANZA DE LOS SIETE SALTOS (Dinamarca):
Para realizar esta danza colocámonos en círculo collidas/os da man. Tiñámos que xirar cara a dereita ao ritmo da música, logo meternos cara dentro, sair para fora, soltar as mans e poñelas en xarra (como se pode ver na imaxe de debaixo). Nese momento sonaba un pitido que a medida que facemos o baile vai aumentando en número e acumulando o que se vai facendo:
![]() |
| Fonte: Elaboración propia |
- Equilibrio sobre a perna dereita.
- Equilibrio sobre a perna esquerda.
- Rodilla dereita ao chan.
- Rodilla esquerda ao chan.
- Codo dereito ao chan.
- Codo esquerdo ao chan.
- Brazos para adiante.
A medida que vai avanzando o número de pitidos, estes pasos vanse acumulando. Por exemplo, con cinco pitidos teríamos que facer o seguinte (cambiando o movemento con cada un deles): equilibrio sobre a perna dereita, equilibrio sobre a perna esquerda, rodilla dereita ao chan, rodilla esquerda ao chan e codo dereito ao chan. Despois disto levantaríamonos e realizaríamos outra vez o baile.
A continuación, deixo un vídeo de youtube no que se pode apreciar esta danza (inda que hai algúns pasos que non coinciden cos que nós fixemos):



















Ningún comentario:
Publicar un comentario