xoves, 25 de outubro de 2018

Séptima clase

Nesta clase dividímonos en grupos (dous de 4 e un de 7) e repartímonos 3 danzas: Waltz Country Dance (grupo de 7), Sibirskaja (grupo de 4) e Kuckuspolka (grupo de 4). Cada grupo aprendeu a súa danza de forma libre, representouna diante dos demais e logo ensinoulle ao resto como facela. Para finalizar, fixemos 10 minutos de como sería a relaxación mediante a técnica Jacobson. A contiuación exporase a reflexión que fixemos despois de cada danza e un breve resumo da técnica Jacobson.

WALTZ COUNTRY DANCE (Inglaterra):
O grupo que a explicou colocounos en catro cadrados, que a súa vez formaba outro cadrado máis grande, e elas colocáronse no medio. Foron explicando os pasos un a un e deixaban tempo para que os practicásemos.
A danza comeza facendo un paso adiante, outro atrás e dous adiante (cruzándonos coa persoa que temos en fronte), logo xirábamonos cara o lado para colocarnos en fronte ao seguinte e repetíamos o paso. Así ata que volvemos á posición inicial. Neste punto agarramos ao de enfrente e imos catro pasos para adiante e logo outros tantos cara atrás (ou ao revés, dependendo do lugar no que estivésmos colocados). Por último, tras facer isto dúas veces collemonos da man por parellas e bailamos oito pasos, colocámonos na posición inicial e vólvese a empezar.
Aquí podemos ver un exemplo desta danza: 
Ao finalizar, o mestre mencionou uns aspectos a ter en conta nas explicacións:
     - Os grupos deben estar xuntos, non un en cada parte.
   - Non se debe falar só para un grupo, dar a espalda ou ir un a un, porque o resto de grupos interpretará que non te estás comunicando con eles.

SIBIRSKAJA (Rusia):
O grupo que a explicou mandounos colocar en círculo con eles e collernos das mans. Logo foron explicando cada movemento que había que facer, contándoos.
A danza comeza xirando cara a dereita, agarrados das mans e movéndoas, xunto coa cadeira, cara dentro e cara fora sete pasos e logo o mesmo cada a esquerda. Despois íase cara o centro á vez que se elevaban as mans e volvíase ao sitio. Unha vez neste punto dábanse tres patadas coa perna dereita, abríanse as pernas e pechábanse (con salto) e logo facíase o mesmo coa esquerda.
Por último, xirábase primeiro cara a esquerda, pasando a perna dereita por diante da esquerda, a esquerda por detrás da dereita, a dereita outra vez por diante da esquerda, abríanse as pernas, pechábanse e facíase o mesmo cara a dereita pero trocando o orde das pernas e as posicións. Isto repetíase dúas veces e  volvíase a iniciar a danza.
A continuación temos un exemplo da mesma:
Tras a explicación, o mestre só engadiu que á hora de explicar é mellor contar por pasos e non por movementos.

KUCKUSPOLKA (Alemania):
Para explicar esta danza colocámonos en círculo, por parellas (home e muller). E fixemos a explicación paso por paso.
A danza comezaba co home detrás da muller agarrando as mans dereitas sobre o ombreiro da muller e mans esquerdas á altura da cadeira. O primeiro paso era facer coa perna esquerda talón, punta e dous pasos cara o centro e logo, o mesmo, coa dereita cara fora. Ao chegar á posición de inicio a muller xira media volta para cada lado á vez que o home marca os pasos  (debe facerse en catro cada media volta) e logo unha volta enteira. Isto repítese dúas veces.
Logo continúase con talón, punta e dous pasos cara adiante en diagonal, primeiro coa dereita (facendo a diagonal cara fora), logo coa esquerda (facendo a diagonal cara o centro), avanzamos dous pasos en diagonal cara fora coa dereita, dous pasos en diagonal cara o centro coa esquerda e por último dous pasos ao ritmo cara adiante ata que xuntamos pernas. Isto repítese dúas veces e vólvese ao incio.
A continuación podemos ver un vídeo cun exemplo desta danza:
Tras a explicación, o mestre recalcou o que se menciona na anterior danza: á hora de explicar é mellor contar por pasos e non por movementos.

TÉCNICA JACOBSON:
Para rematar fixemos unha práctica da técnica Jacobson moi rápida para enterder de que ía. Esta é unha técnica creada por Edmund Jacobson  que trata sobre a relaxación progresiva; método de carácter fisiolóxico orientado cara o reposo, favorece a relaxación profunda sen esforzo e permitindo establecer un control voluntario da tensión distensión.
Para facer a práctica o mestre mandounos tumbar no tatami coa cabeza apoiada nunha colchoneta. Logo pediunos que pechásemos os ollos e foinos indicando o que tíñamos que facer: primeiro tensar a parte do corpo que el nos mencionaba para posteriormente soltala e relaxala. 
Foi unha práctica pequena pero que nos serviu para entender un pouco de que trata esta técnica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario