xoves, 18 de outubro de 2018

Sexta clase

Esta clase iniciámola cun xogo en inglés, logo fixemos dúas danzas e, por último, fixemos, en grupos, unha coreografía para un anaco do "vals de las flores". Esto aparecerá máis detallado a continuación:
BODY PARTS:
Colocámonos en parellas, enfrentadas. Unhas dun lado e outras do outro. As de un lado collen unha pinza, posit, etc. Despois dise a seguinte frase: "The next body part is..." e introdúcese unha parte do corpo en inglés. A persoa da parella que ten a pinza, debe correr cara a outra e colocar a pinza na parte do corpo que se dixo.
Isto pódese facer con un audio ou ser os mestres/as ou os propios alumnos/as os que din a parte do corpo.
Podríase facer noutros idiomas (castelán, galego, etc).

OH SUSANA (EE.UU.):
Colocámonos por parellas en círculo (home-muller). Cando comeza a música as mulleres van cara adiante e coa música dase unha palmada (todos/as, homes e mulleres), despois da mesma vólvese cara atrás e cando chegan ao punto inicial vólvese a aplaudir. Logo fan os homes o mesmo. Cando os homes acaban faise unha cadena inglesa, as mulleres cara a dereita, os homes cara a esquerda. Cruzase 8 veces e logo agárranse homes e mulleres das mans, esquerda con esquerda e dereita con dereita. Despois vólvese a empezar.
A continuación podemos ver un exemplo desta danza:

TARANTELLA (Italia):
Colocados en parellas (home e muller), en círculo. Os homes no interior e as mulleres no exterior. Comezan indo ambos cara adiante e logo cara atrás, de espaldas, primeiro con palmas e logo facendo rodillo.
Despois, o home arrodíllase e a muller colle a súa man e xira arredor del dúas voltas cara a dereita. Logo o home ponse de pé e a muller volve a xirar arredor del dúas voltas pero cara a esquerda.
Logo báilase paso de tarantella, primeiro agarrados da man dereita, palmada, logo agarrados da man esquerda e palmada. Isto dúas veces.
No seguinte vídeo pódese ver un exemplo de esta danza:

VALS DE LAS FLORES
O mestre púxonos 4 minutos do Vals de las flores de Tchaikovsky da obra de El cascanueces. Analizamos eses minutos un par de veces para identificar cada parte e logo fixemos unha coreografía para elas por grupos. Ao rematar, bailamos a coreografía diante do resto da clase.
Tras facer isto, reflexionamos na clase sobre todo o que sabíamos sen ser conscientes e o mestre deunos unhas pautas para cando realicemos coreografías como asociar os movementos aos ritmos ou empregar unha variedade de figuras (en roda, en fila, libre, etc).


Ningún comentario:

Publicar un comentario