luns, 5 de novembro de 2018

Bailes finais

O último día de clase, levamos a cabo as danzas do mundo e as danzas libres, que preparamos en grupos, diante dos compañeiros e das compañeiras.
O grupo do que eu formaba parte estaba composto polas miñas compañeiras Carmen Eiras, Andrea Martínez, Tatiana Vieitez e por min.
(De esquerda a dereita: Carmen, Tatiana, Andrea e eu)
A danza do mundo que escollemos foi SAMOTH (Israel). A continuación, pódese ver o vídeo da nosa actuación:

Como danza libre, decidimos escoller a canción MOVES LIKE JAGGER de Maroon 5 e fomos montando a coreografía por partes. O resultado final foi o que segue:
En xeral, quedamos moi contentas co traballo realizado e, particularmente, estou moi orgullosa de como traballamos, das ganas que lle puxemos e do resultado final. 
Dende o meu punto de vista, esta asignatura foi moi amena, divertida e dinámica. Penso que gracias á práctica aprendemos moitas cousas que nos levamos para un futuro nas aulas e, persoalmente, axudoume a soltarme máis á hora de bailar en público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario