luns, 1 de outubro de 2018

Reflexión: partitura de percusión corporal

Tras unha clase teórica na que estivemos practicando percusión corporal o mestre pediunos que realizamos unha partitura. Eu intentei facela sinxela pero non me parei a pensar na estructura nin na visualización da mesma e o resultado foi o que segue:
Á hora de realizala na clase, a partitura saliu ben pero foi máis complicado do que me parecía por diversos aspectos:
1. Ao realizala quixen facela sobre un pentagrama. Isto fixo que a súa lectura fose moito máis complexa debido a todas as liñas que se podían ver polo medio.
2. Non seguín ningunha estructura. Seguir unha estructura (de arriba a abaixo, repetir unha secuencia de figuras, etc) fai que tanto a lectura como a interpretación sexan máis sinxelas.

Tendo en conta estes aspectos todos, o mellor para realizar unha partitura de percusión corporal nenos e nenas é facelo dun xeito simple, comprensible e que o alumnado poida interpretar sen confusións de ningún tipo, por exemplo: 
Asemade, outros fallos que se están a comentar en clase son:
- Facer un número de compases pares.
- Non rematar un compás con semicorcheas se queremos probala ata ese punto, porque a inercia vai facer que queiramos seguir.
- Non colocar silencios nos compases que non se leen para cubrir os ocos, xa que queda a partitura moi cargada e leva a confusións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario