O último día de clase, levamos a cabo as danzas do mundo e as danzas libres, que preparamos en grupos, diante dos compañeiros e das compañeiras.
O grupo do que eu formaba parte estaba composto polas miñas compañeiras Carmen Eiras, Andrea Martínez, Tatiana Vieitez e por min.
(De esquerda a dereita: Carmen, Tatiana, Andrea e eu)
A danza do mundo que escollemos foi SAMOTH (Israel). A continuación, pódese ver o vídeo da nosa actuación:
Como danza libre, decidimos escoller a canción MOVES LIKE JAGGER de Maroon 5 e fomos montando a coreografía por partes. O resultado final foi o que segue:
En xeral, quedamos moi contentas co traballo realizado e, particularmente, estou moi orgullosa de como traballamos, das ganas que lle puxemos e do resultado final.
Dende o meu punto de vista, esta asignatura foi moi amena, divertida e dinámica. Penso que gracias á práctica aprendemos moitas cousas que nos levamos para un futuro nas aulas e, persoalmente, axudoume a soltarme máis á hora de bailar en público.
A continuación preséntase unha imaxe interactiva con diferentes aspectos acerca desta danza. Para ler a información deberase situar o curso enriba do símbolo "+" e, nalgúns casos, pinchar.
A continuación preséntase unha imaxe interactiva con diferentes aspectos acerca desta danza. Para ler a información deberase situar o curso enriba do símbolo "+" e, nalgúns casos, pinchar.
A continuación preséntase unha imaxe interactiva con diferentes aspectos acerca desta danza. Para ler a información deberase situar o curso enriba do símbolo "+" e, nalgúns casos, pinchar.
Nesta clase dividímonos en grupos (dous de 4 e un de 7) e repartímonos 3 danzas: Waltz Country Dance (grupo de 7), Sibirskaja (grupo de 4) e Kuckuspolka (grupo de 4). Cada grupo aprendeu a súa danza de forma libre, representouna diante dos demais e logo ensinoulle ao resto como facela. Para finalizar, fixemos 10 minutos de como sería a relaxación mediante a técnica Jacobson. A contiuación exporase a reflexión que fixemos despois de cada danza e un breve resumo da técnica Jacobson.
WALTZ COUNTRY DANCE (Inglaterra):
O grupo que a explicou colocounos en catro cadrados, que a súa vez formaba outro cadrado máis grande, e elas colocáronse no medio. Foron explicando os pasos un a un e deixaban tempo para que os practicásemos.
A danza comeza facendo un paso adiante, outro atrás e dous adiante (cruzándonos coa persoa que temos en fronte), logo xirábamonos cara o lado para colocarnos en fronte ao seguinte e repetíamos o paso. Así ata que volvemos á posición inicial. Neste punto agarramos ao de enfrente e imos catro pasos para adiante e logo outros tantos cara atrás (ou ao revés, dependendo do lugar no que estivésmos colocados). Por último, tras facer isto dúas veces collemonos da man por parellas e bailamos oito pasos, colocámonos na posición inicial e vólvese a empezar.
Aquí podemos ver un exemplo desta danza:
Ao finalizar, o mestre mencionou uns aspectos a ter en conta nas explicacións:
- Os grupos deben estar xuntos, non un en cada parte.
- Non se debe falar só para un grupo, dar a espalda ou ir un a un, porque o resto de grupos interpretará que non te estás comunicando con eles.
SIBIRSKAJA (Rusia):
O grupo que a explicou mandounos colocar en círculo con eles e collernos das mans. Logo foron explicando cada movemento que había que facer, contándoos.
A danza comeza xirando cara a dereita, agarrados das mans e movéndoas, xunto coa cadeira, cara dentro e cara fora sete pasos e logo o mesmo cada a esquerda. Despois íase cara o centro á vez que se elevaban as mans e volvíase ao sitio. Unha vez neste punto dábanse tres patadas coa perna dereita, abríanse as pernas e pechábanse (con salto) e logo facíase o mesmo coa esquerda.
Por último, xirábase primeiro cara a esquerda, pasando a perna dereita por diante da esquerda, a esquerda por detrás da dereita, a dereita outra vez por diante da esquerda, abríanse as pernas, pechábanse e facíase o mesmo cara a dereita pero trocando o orde das pernas e as posicións. Isto repetíase dúas veces e volvíase a iniciar a danza.
A continuación temos un exemplo da mesma:
Tras a explicación, o mestre só engadiu que á hora de explicar é mellor contar por pasos e non por movementos.
KUCKUSPOLKA (Alemania):
Para explicar esta danza colocámonos en círculo, por parellas (home e muller). E fixemos a explicación paso por paso.
A danza comezaba co home detrás da muller agarrando as mans dereitas sobre o ombreiro da muller e mans esquerdas á altura da cadeira. O primeiro paso era facer coa perna esquerda talón, punta e dous pasos cara o centro e logo, o mesmo, coa dereita cara fora. Ao chegar á posición de inicio a muller xira media volta para cada lado á vez que o home marca os pasos (debe facerse en catro cada media volta) e logo unha volta enteira. Isto repítese dúas veces.
Logo continúase con talón, punta e dous pasos cara adiante en diagonal, primeiro coa dereita (facendo a diagonal cara fora), logo coa esquerda (facendo a diagonal cara o centro), avanzamos dous pasos en diagonal cara fora coa dereita, dous pasos en diagonal cara o centro coa esquerda e por último dous pasos ao ritmo cara adiante ata que xuntamos pernas. Isto repítese dúas veces e vólvese ao incio.
A continuación podemos ver un vídeo cun exemplo desta danza:
Tras a explicación, o mestre recalcou o que se menciona na anterior danza: á hora de explicar é mellor contar por pasos e non por movementos.
TÉCNICA JACOBSON:
Para rematar fixemos unha práctica da técnica Jacobson moi rápida para enterder de que ía. Esta é unha técnica creada por Edmund Jacobson que trata sobre a relaxación progresiva; método de carácter fisiolóxico orientado cara o reposo, favorece a relaxación profunda sen esforzo e permitindo establecer un control voluntario da tensión distensión.
Para facer a práctica o mestre mandounos tumbar no tatami coa cabeza apoiada nunha colchoneta. Logo pediunos que pechásemos os ollos e foinos indicando o que tíñamos que facer: primeiro tensar a parte do corpo que el nos mencionaba para posteriormente soltala e relaxala.
Foi unha práctica pequena pero que nos serviu para entender un pouco de que trata esta técnica.
A continuación preséntase unha imaxe interactiva con diferentes aspectos acerca desta danza. Para ler a información deberase situar o curso enriba do símbolo "+" e, nalgúns casos, pinchar.
A continuación preséntase unha imaxe interactiva con diferentes aspectos acerca desta danza. Para ler a información deberase situar o curso enriba do símbolo "+" e, nalgúns casos, pinchar.
A continuación exponse unha infografía na que podemos ver descrición, obxetivos, os puntos da reflexión grupal a ter en conta e unha pequena achega persoal sobre este xogo:
Esta clase iniciámola cun xogo en inglés, logo fixemos dúas danzas e, por último, fixemos, en grupos, unha coreografía para un anaco do "vals de las flores". Esto aparecerá máis detallado a continuación:
BODY PARTS:
Colocámonos en parellas, enfrentadas. Unhas dun lado e outras do outro. As de un lado collen unha pinza, posit, etc. Despois dise a seguinte frase: "The next body part is..." e introdúcese unha parte do corpo en inglés. A persoa da parella que ten a pinza, debe correr cara a outra e colocar a pinza na parte do corpo que se dixo.
Isto pódese facer con un audio ou ser os mestres/as ou os propios alumnos/as os que din a parte do corpo.
Podríase facer noutros idiomas (castelán, galego, etc).
OH SUSANA (EE.UU.):
Colocámonos por parellas en círculo (home-muller). Cando comeza a música as mulleres van cara adiante e coa música dase unha palmada (todos/as, homes e mulleres), despois da mesma vólvese cara atrás e cando chegan ao punto inicial vólvese a aplaudir. Logo fan os homes o mesmo. Cando os homes acaban faise unha cadena inglesa, as mulleres cara a dereita, os homes cara a esquerda. Cruzase 8 veces e logo agárranse homes e mulleres das mans, esquerda con esquerda e dereita con dereita. Despois vólvese a empezar.
A continuación podemos ver un exemplo desta danza:
TARANTELLA (Italia):
Colocados en parellas (home e muller), en círculo. Os homes no interior e as mulleres no exterior. Comezan indo ambos cara adiante e logo cara atrás, de espaldas, primeiro con palmas e logo facendo rodillo.
Despois, o home arrodíllase e a muller colle a súa man e xira arredor del dúas voltas cara a dereita. Logo o home ponse de pé e a muller volve a xirar arredor del dúas voltas pero cara a esquerda.
Logo báilase paso de tarantella, primeiro agarrados da man dereita, palmada, logo agarrados da man esquerda e palmada. Isto dúas veces.
No seguinte vídeo pódese ver un exemplo de esta danza:
VALS DE LAS FLORES
O mestre púxonos 4 minutos do Vals de las flores de Tchaikovsky da obra de El cascanueces. Analizamos eses minutos un par de veces para identificar cada parte e logo fixemos unha coreografía para elas por grupos. Ao rematar, bailamos a coreografía diante do resto da clase.
Tras facer isto, reflexionamos na clase sobre todo o que sabíamos sen ser conscientes e o mestre deunos unhas pautas para cando realicemos coreografías como asociar os movementos aos ritmos ou empregar unha variedade de figuras (en roda, en fila, libre, etc).
A continuación preséntase unha imaxe interactiva con diferentes aspectos acerca desta danza. Para ler a información deberase situar o curso enriba do símbolo "+" e, nalgúns casos, pinchar.
A continuación preséntase unha imaxe interactiva con diferentes aspectos acerca desta danza. Para ler a información deberase situar o curso enriba do símbolo "+" e, nalgúns casos, pinchar.
A continuación preséntase unha imaxe interactiva con diferentes aspectos acerca desta danza. Para ler a información deberase situar o curso enriba do símbolo "+" e, nalgúns casos, pinchar.
Nesta sesión realizamos catro danzas e, ademais, fixemos ritmos con vasos de plástico. A continuación exporanse de forma explicada:
DANZA DE LOS PASTORES (Francia):
Colocados en círculo, mirando cara o centro. Logo xirábamos movendo o pé esquerdo e arrastrando o dereito, así catro veces. Logo, poñíamos a punteira cara adiante, cara a dereita, atrás e por último o pé esquerdo.
Un exemplo desta danza é a seguinte:
EL CANDIL (Badajoz, España):
Realízase en pequenos grupos. Dentro dos mesmos, colocámonos en círculo alternando home e muller. Os pasos a facer son os seguintes:
1º - Dar patadas ao ritmo da música.
2º - Dar patadas ao ritmo da música á vez que nos intercambiamos os sitios. Primeiro os homes e logo as mulleres.
3º - Imos cara ao centro, primeiro homes e logo mulleres, e ao chegar damos unha palmada e regresamos ao sitio.
4º - Cadena inglesa.
5º - Poñemos a man no medio e xiramos.
A orde dos pasos sería a seguinte:
- 1º, 2º, 3º, 4º.
- 1º, 2º, 3º, 5º.
- 1º, 1º (o doble de rápido).
Un exemplo desta danza é o seguinte:
CUPS - RITMOS CON VASOS:
O mestre mostrounos o videoclip de "Si me voy" de Paula Rojo que podemos ver a continuación:
Tras velo, repartiunos un par de vasos de plástico, mandounos formar grupos e díxonos que creásemos un ritmo tomando como exemplo o vídeo. O resultado do grupo no que eu estaba é o seguinte:
Mesmamente, como o noso ritmo foi o que máis gustou na clase, tamén o fixemos entre todos. O resultado foi o que segue:
OH REGADINHO (Portugal):
Para realizar esta actividade dividímonos e repartimos roles, homes e mulleres. As mulleres levaban unha tela branca para diferenciarse.
Colocámonos en círculo, os homes polo lado de dentro e as mulleres por fora agarrados do brazo. A danza comezaba andando: os homes normal e as mulleres brincando, á vez que movían o "vestido", primeiro cara a dereita e logo cara a esquerda. Despois parábamos e mirando entre si, home e muller, facíamos: primeiro movíamos man dereita e pé dereito, man esquerda e pé esquerdo, xiro agarrados, man esquerda e pé esquerdo, man dereita e pé dereito, outra volta agarrados e as mulleres pasaban ao home de detrás.
A danza repetíase varias veces. A continuación, temos un vídeo do resultado da mesma na aula:
Asemade, tamén podemos ver outro exemplo da mesma no vídeo que segue:
Tras unha clase teórica na que estivemos practicando percusión corporal o mestre pediunos que realizamos unha partitura. Eu intentei facela sinxela pero non me parei a pensar na estructura nin na visualización da mesma e o resultado foi o que segue:
Á hora de realizala na clase, a partitura saliu ben pero foi máis complicado do que me parecía por diversos aspectos:
1. Ao realizala quixen facela sobre un pentagrama. Isto fixo que a súa lectura fose moito máis complexa debido a todas as liñas que se podían ver polo medio.
2. Non seguín ningunha estructura. Seguir unha estructura (de arriba a abaixo, repetir unha secuencia de figuras, etc) fai que tanto a lectura como a interpretación sexan máis sinxelas.
Tendo en conta estes aspectos todos, o mellor para realizar unha partitura de percusión corporal nenos e nenas é facelo dun xeito simple, comprensible e que o alumnado poida interpretar sen confusións de ningún tipo, por exemplo:
Asemade, outros fallos que se están a comentar en clase son:
- Facer un número de compases pares.
- Non rematar un compás con semicorcheas se queremos probala ata ese punto, porque a inercia vai facer que queiramos seguir.
- Non colocar silencios nos compases que non se leen para cubrir os ocos, xa que queda a partitura moi cargada e leva a confusións.
A continuación preséntase unha imaxe interactiva con diferentes aspectos acerca desta danza. Para ler a información deberase situar o curso enriba do símbolo "+" e, nalgúns casos, pinchar.
A continuación preséntase unha imaxe interactiva con diferentes aspectos acerca desta danza. Para ler a información deberase situar o curso enriba do símbolo "+" e, nalgúns casos, pinchar.
A continuación preséntase unha imaxe interactiva con diferentes aspectos acerca desta danza. Para ler a información deberase situar o curso enriba do símbolo "+" e, nalgúns casos, pinchar.
Nesta cuarta clase houbo tres partes, a primeira na que levamos a cabo tres danzas, a segunda na que fixemos dúas cancións e a terceira na que fixemos unha actividade de relaxación, a Técnica Alexander. A continuación, exporase o desenvolvemento do citado:
DANZA DE LOS BASTONES (Francia):
Para realizar esta danza o profesor colocounos por parellas en catro filas de modo que estivesen enfrontadas entre elas dúas e dúas:
Logo fixemos os pasos da danza empregando palmadas por cada movemento. Cando nos saliu ben, pasamos a facer os mesmos movementos pero chocando co compañeiro/a. Por último, realizámolo con paus e metemos os desprazamentos que facían que cambiásemos a orientación da fila. Na seguinte imaxe pódese ver (máis ou menos) como serían estes movementos:
Todos facíamos o xiro, pero os que estaban no interior facíano sen desprazarse, solo cambiando a orientación.
A medida que o íamos facendo e repetindo a danza, a velocidade da música ía aumentando. Tras varias veces cambiamos os roles.
DANZA DE RAMÓN (Bélxica):
Para realizar esta danza colocámonos en dúas filas, unha de mulleres e outra de homes. Comezábase seguindo o ritmo en fila e desprazándose polo espazo según guiaba a primeira ou primeiro da mesma. Logo dábanse tres golpes co talón dereito, tres co talón esquerdo e volvíase a bailar. Isto repítese tres veces e, na cuarta, xa solo se fan tres golpes co talón dereito para buscar despois parella (muller con home) e bailar polka normal. Neste punto hai un cambio na melodía e, cando volve a mudar, vólvese á fila e repítese todo dende o inicio aumentando cada vez máis a velocidade.
POLKA DE LA ESTRELLA (Alemania):
Colocámonos por parellas (home-muller) en círculo. Cando comeza a música faise o paso de polka á vez que se vai xirando sobre uns mesmos e en círculo.
Cando cambia a música o home pon a man esquerda sobre o ombreiro do de diante e a dereita na súa espalda e cóllea a muller. Durante este momento da danza imítase unha marcha. Despois volve a cambiar a música e os homes xiran sobre si mesmos e colócanse cara dentro do círculo. Unha vez nesa posición, golpean nos muslos, dan palmas e por último chocan as mans cos do lado. Mentres, as mulleres, xiran arredor do círculo e paran detrás do home que elixan ou, neste caso, co que lle toque cando pare a música.
LOS DEDOS DE MI MANO
Esta é unha actividade moi importante para coñecer a posición de cada dedo da man, o seu tamaño, grosor e para qué sirven. A mesma consistía en ir cantando a canción de "los dedos de mi mano" que temos debaixo á vez que facíamos un xesto con cada dedo da man do que falaba.
*Para escoitar o audio pinchar na imaxe de enriba. LAS POSTURAS
O mestre cantounos a canción e íamos realizándoa á vez que cantábamos. Na propia letra da mesma describíanse as diferentes accións e movementos que debíamos facer.
*Para escoitar o audio pinchar na imaxe de arriba.
TÉCNICA ALEXANDER
Fixemos un exemplo, guiado polo mestre, de como sería a Técnica Alexander. Esta técnica é un método práctico levado a cabo por F. M. Alexander, basado no principio de que cada un funciona coma un todo, que axuda a mellorar o uso que facemos de nós mesmos nas actividades cotias, reducindo tensións e mellorando a coordinación, a fluidez, o equilibrio e a respiración.